mércores, 11 de decembro de 2013

Creacións con cordas e conos

Aquí queda unha pequena exposición sobre as marabillosas creacións que fixeron os alumnos/as de 2º curso de Primaria. Tan só tiñan unha corda e un cono e os resultados foron sorprendentes. Unha proba evidente de que os nenos/as gardan no seu interior unha enorme capacidade creativa e imaxinativa.

martes, 3 de decembro de 2013

Valores. Imaxes colgadas no ximnasio.

Sabedes que vos insistimos un montón de veces na importancia de ser boas persoas. En Educación Física practicades unha gran variedade de habilidades, pero estas perden protagonismo se seguimos condutas inapropiadas. Por iso vos resaltamos que hai que ser respetuosos con tod@s, solidarios, honestos, responsables, que tedes que esforzarvos para poder aprender, ser tolerantes cos demais... Quédanvos aquí as fichas cos valores que hai colgados no ximnasio para que os teñades sempre en conta.

mércores, 30 de outubro de 2013

Calendarios dos partidos


Aquí tedes unha imaxe do partido inaugural deste curso académico 2013-2014 entre as aulas de 3ºC e 4ºB.

Se queredes consultar o resto do calendario, aquí tedes o seu enlace.

martes, 29 de outubro de 2013

Regulamento de brilé. Inicio do torneo.

Hoxe día 29 de outubro inícianse as competicións de brilé para 2º e 3º ciclo de Primaria. Como en anos anteriores, os partidos disputaranse durante os recreos.
Para este ano incorporamos unha novidade: o equipo gañador de 3º ciclo xogará un partido final contra un equipo formado por mestres.
Aínda que xa coñecedes o regulamento, non estaría mal que lle botarades un vistazo porque sempre pode xurdir algunha dúbida. Pica na palabra resaltada para visualizalo.

LEMBRADE QUE O MÁIS IMPORTANTE É TER UNHA BOA ACTITUDE. ESTAS COMPETICIÓNS NON SE REALIZAN PARA VER QUE GRUPO É MELLOR SENÓN QUE A SÚA FINALIDADE É QUE SAIBADES COMPETIR LEVANDO A CABO UNHA ACTITUDE ADECUADA E QUE PASEDES UN RATO ALEGRE E DIVERTIDO.
 
MOITO ÁNIMO E SORTE A TODOS OS PARTICIPANTES



martes, 15 de outubro de 2013

Acabamos de crear o blog de Educación Física. Esperemos que sexa do voso agrado.