domingo, 27 de decembro de 2015

Preparación para o xadrez

http://webs.ono.com/educ.fisica/WEb%20de%20JOSE%20A.%20COTAN%20CID%20-%20E.F.%20-/Web%20de%20JOSE%20%20E.F%20II/ODE%20AJEDREZ%201/index.html

Unha vez rematado o torneo do brilé, xa é hora de empezar a pensar na competición que haberá ao longo do segundo trimestre. Este ano substituímos o béisbol por unha actividade na que o inxenio, a concentración e a capacidade de pensar xogarán un papel fundamental. Todo isto se precisa para ser un bo xogador de xadrez, así que aquí vos queda un pequeno recurso con información sobre os aspectos máis destacados desta disciplina deportiva.