Amosando publicacións coa etiqueta Xogos Olímpicos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos Olímpicos. Amosar todas as publicacións

domingo, 25 de setembro de 2016

Vídeo promocional dos Xogos Paralímpicos 2016

Xogos Olímpicos e Paralímpicos

Ao longo destas primeiras sesións do curso estamos a incidir na importancia dos valores do deporte, e como este pode ser practicado por calquera ser humano, independentemente de si ten ou non unha discapacidade.
Quedan aquí estes tres vídeos para que os valoredes e vos den que pensar. No primeiro vídeo aparecen diferentes deportistas que foron campeóns olímpicos e rexistraron récords e marcas que todavía están por superar; e no segundo e terceiro vídeo aparecen deportistas paralímpicos con diferentes tipos de discapacidades.
Que deportistas teñen máis mérito? Como é posible facer deporte se non teño mobilidade nas pernas? Por que apenas se fala na televisión dos deportistas discapacitados se son capaces de realizar habilidades espectaculares e impreionantes? Estas e máis preguntas xurdirán unha vez vistos os vídeos.