Amosando publicacións coa etiqueta Empatía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Empatía. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de maio de 2017

XORNADAS EN COLEXIOS SOBRE DEPORTE ADAPTADO


O proxecto ENKI é unha iniciativa inclusiva e visibilizadora cuxo obxectivo é traballar coa sensibilización dos alumnos/as de diferentes centros educativos. Contamos coa participación do ciclista Iván Montero e o triatleta Ángel López. Os alumnos/as puideron probar as súas handbikes. Moitas grazas por levar a cabo iniciativas deste tipo porque consideramos que son moi enriquecedoras para a formación dos alumnos/as.

luns, 26 de setembro de 2016

Fútbol sala para cegos (regulamento)

Ao longo desta semana e da seguinte practicaremos algunhas modalidades deportivas dos Xogos Paralímpicos.
Neste vídeo quédavos o regulamento do fútbol sala para cegos. É importante que o miredes para ter unha pequena idea do que imos practicar no ximnasio.


E no segundo vídeo comprobaredes como futbolistas como Messi ou Busquets se poñen a practicar fútbol para cegos e se dan conta da dificultade que iso supón.