luns, 22 de maio de 2017

XORNADAS EN COLEXIOS SOBRE DEPORTE ADAPTADO


O proxecto ENKI é unha iniciativa inclusiva e visibilizadora cuxo obxectivo é traballar coa sensibilización dos alumnos/as de diferentes centros educativos. Contamos coa participación do ciclista Iván Montero e o triatleta Ángel López. Os alumnos/as puideron probar as súas handbikes. Moitas grazas por levar a cabo iniciativas deste tipo porque consideramos que son moi enriquecedoras para a formación dos alumnos/as.